martes, 7 de abril de 2015




SAÍDA DIDÁCTICA DO 2015

Un ano máis emprendemos a nosa viaxe conxunta cara novas aventuras no Salón do Libro Infantil e Xuvenil en Pontevedra... E un ano máis a nosa viaxe comezou na estación de trens

 Chegamos, non sen présa, ao Pazo da Cultura, onde nos esperaba unha entretida conversa co escritor pontevedrés Manel Loureiro, de quen estamos a ler dúas obras e que conseguiu deixarnos enganchados ao seu vindeiro título

Foi verdaderamente ameno e ata nos asinou un exemplar para a nosa Biblioteca

A continuación tivemos a sorte de percorrer as exposicións do Salón do Libro en moi boa compaña.

 

 Este amable xoven nos explicou todas as salas e nos fixo pasar unha hora divertidísima


Primeiro contándonos a relación entre a ciencia e a ficción a través de contos coñecidos por tod@s

As viaxes de Gulliver                                   

 Alicia no país das marabillas


O mago de Oz

Despois atreveuse a soltar no espazo exterior a unha das nosas alumnas, Zaida, que tivo o valor para enfrontarse a mil perigos fóra da nave, iso si, moi ben protexida

Creamos o noso propio alieníxena, e puxémoslle un nome sinxelo: Argentio Borio Argón. Para a súa creación foi indispensable o noso compañeiro Daniel

Tivemos tempo libre para ver o resto das salas e tamén un intre para facer lectura colectiva


E despedímonos de tan grata compaña porque estabamos mortos de fame


E volvemos un ano máis á Crepería, onde tan ben nos tratan sempre e onde xa acumulamos unhas cantas lembranzas




 

 De volta á estación, aínda puidemos ver o ambiente que se respira nas tendas pontevedresas ao calor do Salón do Libro

 E así rematou un día inesquecible... Grazas a tod@s @s que o fixestes posible!