martes, 26 de abril de 2011

CONCURSO DE RELATOS

O Equipo de Biblioteca, Dinamización Linguística e a ANPA; organizamos un concurso para todo o alumnado do instituto. Os relatos podían facerse tanto en castelán como en galego e había un premio para o mellor relato en castelán e outro para o mellor relato en galego. Os relatos tiñan como tema o misterio, a ciencia ficción e os gañadores foron en lingua castelá: Eugenia García Magaña e en lingua galega: Irene García Magaña.







Os relatos que se presentaron a concurso poderán ser escoitados no espacio que a Biblioteca ten nos recreos e que chamamos Burbulla cultural.